|
A Boccia é un desporte orixinário da Grécia Clásica, semellante à petanca, recuperado nos anos 70 polos paises nórdicos coa fin de adapta-lo às persoas con minusvalias.Na actualidade é un desporte Paralímpico e Mundial con grande desenrolo en máis de 30 paises. Os elementos deste desporte son seis bólas vermellas e seis azuis (unha cor por cada contendente) e outra branca ou "diana" de coiro, recheas de area de 8´3 cm de diámetro e un peso de 300 gramos cada unha. Participa-se individualmente, en parellas ou en equipas de tres. Para xogar, primeiro lanza-se a bóla branca e os xogadores deben tentar achegar a ela o meirande número de bólas da sua cor. En cada contenda todos os desportistas lanazan ao menos unha vez a bola branca que marca o obxectivo.Por ilo as contendas constan de catro a seis parciais, dependendo do número de participantes. O eido de xogo abrangue 12´5 x 6 metros e o chan é preferentemente de madeira ou sintético.
|
|
|